Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 1 de febrero de 2012

Os Axentes de Emprego da CSIF de Pontevedra informan:

CSIF      JUSTICIA      INFORMA  

A partir de agora toda a información dos Axentes de Emprego da CSIF de Pontevedra podédela atopar en :


PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.
Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2012.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive.
Persoas beneficiarias:
a) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:
         – Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
         – Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
         – Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
         – Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.
b) Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais xa constituídos, que realicen esta contratación durante o seu primeiro ano de actividade e para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tipos de axuda:
·         Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.
                   As contías desta subvención serán as seguintes:
a.    5.000 euros para desempregados en xeral.
b.    6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
c.    7.000 euros para mulleres desempregadas.
d.   7.500 euros para persoas emigrantes retornadas, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
e.    8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión          social.
f.     10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

·         Subvención financeira de  redución de xuros de préstamos .
·         Subvención para asistencia técnica.
·         Subvención para formación co obxecto de financiar os custos dos cursos.
·         Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade
·         Subvención pola primeira contratación indefinida.
Prazo de solicitudes:
Ø  Prazo para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de un mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de setembro de 2012, aínda que non transcorreran un mes desde a dita alta.

Ø  As actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 1 de outubro do ano 2011 e a data de publicación da orde, poderán acollerse ás axudas da mesma, aínda que transcorrese o prazo establecido dende a alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de marzo de 2012.



No hay comentarios:

Publicar un comentario