NOVA CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA
A EGAP convoca un total de 11 cursos e 510 prazas destinadas aos empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia e aos membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8 horas do 4 de xuño ata as 14 horas do 13 de xuño en http://egap.xunta.gal/matricula
O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.
Máis información en http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160603/AnuncioO150-270516-0001_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario